NORMAS PARA A CORRECTA INSCRICIÓN NA PROBA

Recorda que debes leer detidamente toda esta información a fin de realizar correctamente a túa inscrición.

1.- Para participar na andaina debes ser maior de idade, ou vir acompañado do pai/nai/titor legal e traer unha autorización firmada por este, xunto coa copia do seu DNI.

2.- O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 15 de marzo ata o 7 de maio de 2024.

3.- Recorda que o prezo das inscricións varía dependendo de varios factores:

PERSOAS MAIORES DE 14 ANOS:

- Dende o 15 ao 31 de marzo:  15€*
- Dende o 1 ao 21 de abril: 18€*
- Dende o 22 de abril ao 7 de maio: 16€* (sen opción aos regalos incluidos na bolsa do sendeirista)
*o prezo reduciráse en 2€ para aqueles participantes que posuan licenza da FGM ou da FEDME en vigor durante a tempada 2024
(será necesario presentar a licenza o día da proba para a recollida presencial do dorsal)

PERSOAS MENORES DE 14 ANOS:

- Dende o 15 de marzo ao 21 de abril: 8€
- Dende o 22 ao 7 de maio: 8€* (sen opción aos regalos incluidos na bolsa do sendeirista)

4.- Coa inscrición terás dereito a:

Só para as persoas inscritas entre o 15 de marzo e o 21 de abril:
- BOLSA DO SENDEIRISTA :: Camiseta + Mochila + Gorra + Vaso + agasallos dos colaboradores. 

Para todas as persoas inscritas:
- AVITUALLAMENTOS SÓLIDOS E LÍQUIDOS
· Auga
· Bebídas Isotónicas
· Refrescos
· Froitas
· Froitos secos
· Empanada
· Bocadillos
· Barriñas enerxéticas

- SERVIZOS DE:
· Médico
· Ambulancia
· Seguro de accidentes
· Duchas
· Piscina cuberta
· Recollida en caso de accidente ou lesión
· Aparcamento

- DIPLOMA DE FINALISTA
· con tempo e quilómetros completados

- MEDALLA DE FINALISTA
· diferente segundo a distancia completada.

5.- Non se aceptarán inscricións fora de prazo (en ningún caso), nin por outro medio que non sexa o formulario da web.

6.- Recorda consultar o apartado de CANCELACIÓN E/OU MODIFICACIÓNS das bases de participación para saber cales son os teus dereitos.

7.- Para inscribirse na web é necesario pinchar no botón de "inscrición" quee se situará ao pé desta páxina e cubrir todos os datos que se requiren. Os marcados con * son obrigatorios.

8.- No apartado "DISTANCIA" escollerase a opción que teñas pensado realizar, de todos xeitos, esta elección non é vinculante. É dicir, se chegado o día queres facer outra distancia da seleccionada podes facelo sen problema. Este dato solo é para que a organización teña unha idea de cantos participantes queren realizar "a priori" cada distancia.

9.- A inscrición na proba supón a total aceptación das bases da IX ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN. Ademais os participantes na IX ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN estarán rexidos pola conducta “fair play” e comprométense a levar durante a realización da mesma un comportamento leal e sincero ademais de correcto no deporte, en especial fraterno cara o contrincante, respetuoso coa organización e correcto cos asistentes.

Copyright © 2024 | IX ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN | 11/05/2024
O ESQUIO NO PIÑEIRO | CONCELLO DE BRIÓN | F.G.M. | F.E.D.M.E. |  USC | DEPORTE GALEGO

Política de Privacidade | Aviso Legal

Copyright © 2024. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.