POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Aquí atoparas o texto legal de politica de privacidade da nosa web:

Protección de datos de carácter persoal segundo a LOPDDD

A Asociación Cultural, Deportiva e Medioambiental O Esquío no Piñeiro, en adiante Asociación, en aplicación da normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, informa que os datos persoais que se recollen a través dos formularios do Sitio web: www.andainaterrasdealtamira.org, inclúense nos ficheiros automatizados específicos de usuarios dos servizos da Asociación Cultural, Deportiva e Medioambiental O Esquío no Piñeiro.

A recollida e tratamento automatizado dos datos de carácter persoal ten como finalidade o desempeño de tarefas de información e outras actividades propias da Asociación.

Estes datos nunca serán cedidos a algunha entidade allea a esta Asociación.

A Asociación adopta as medidas necesarias para garantir a seguridade, integridade e confidencialidade dos datos conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos.

O usuario poderá en calquera momento exercitar os dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación recoñecidos no citado Regulamento (UE). O exercicio destes dereitos pode realizalo o propio usuario por escrito a través de email a: oesquio@gmail.com ou na dirección: Avda. de Santa Minia, 95 - 15865 - Brión.

O usuario manifesta que todos os datos facilitados por el son certos e correctos, e comprométese a mantelos actualizados, comunicando os cambios ao mail oesquio@gmail.com.

Finalidade do tratamento dos datos persoais:

Con que finalidade trataremos os teus datos persoais?

Na Asociación, trataremos os teus datos persoais solicitados a través do Sitio web: www.andainaterrasdealtamira.org, coas seguintes finalidades:

1. En caso de inscrición nos servizos ofertados a través da web www.andainaterrasdealtamira.org, para manter a relación organizador/participante, así como a xestión, administración, información, prestación e mellora dos servizos.

2. Envío de información solicitada a través dos formularios dispostos en www.andainaterrasdealtamira.org

3. Remitir boletíns (newsletters), así como comunicacións de publicidade ou promoción das actividades organizadas pola Asociación.

Lembrámosche que podes oporte ao envío de comunicacións comerciais por calquera vía e en calquera momento, remitindo un correo electrónico á dirección indicada anteriormente.

Os campos dos devanditos rexistros son de cumprimentación obrigatoria, sendo imposible realizar as finalidades expresadas se non se achegan eses datos.

Por canto tempo se conservan os datos persoais solicitados?

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación coa Asociación ou non solicites a súa supresión e durante o prazo polo cal puidesen derivarse responsabilidades legais polos servizos prestados.

Lexitimación:

O tratamento dos teus datos realízase coas seguintes bases xurídicas que lexitiman o mesmo:

1. A solicitude de información e/ou a solicitude de inscrición na Andaina Terras de Altamira, cuxos termos e condicións poranse á túa disposición en todo caso, de forma previa a unha eventual inscrición.

2. O consentimento libre, específico, informado e inequívoco, en tanto que informámosche pondo á túa disposición a presente política de privacidade, que tras a lectura da mesma, en caso de estar conforme, podes aceptar mediante unha declaración ou unha clara acción afirmativa, como o marcado dunha casa disposta ao efecto.

No caso de que non nos facilites os teus datos ou o fagas de forma errónea ou incompleta, non poderemos atender a túa solicitude, resultando de todo imposible proporcionarche a información solicitada ou levar a cabo a inscrición na proba.

Destinatarios:

Os datos non se comunicarán a ningún terceiro alleo a Asociación, excepto por obriga legal.

Datos recompilados por usuarios dos nosos servizos

Nos casos en que o usuario inclúa ficheiros con datos de carácter persoal nos servidores de aloxamento compartido, a Asociación non se fai responsable do incumprimento por parte do usuario do RGPD.

Retención de datos en conformidade á LSSI

A Asociación informa de que, como prestador de servizo de aloxamento de datos e en virtude do establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI), retén por un período máximo de 12 meses a información imprescindible para identificar a orixe dos datos aloxados e o momento en que se iniciou a prestación do servizo. A retención destes datos non afecta o segredo das comunicacións e só poderán ser utilizados no marco dunha investigación criminal ou para a salvagárdaa da seguridade pública, póndose a disposición dos xuíces e/ou tribunais ou do Ministerio que así os requira.

A comunicación de datos ás Forzas e Corpos do Estado farase en virtude ao disposto na normativa sobre protección de datos persoais.

Dereitos propiedade intelectual da Andaina Terras de Altamira

A Asociación é titular de todos os dereitos de autor, propiedade intelectual, industrial, “know how” e cuantos outros dereitos gardan relación cos contidos do sitio web www.andainaterrasdealtamira.org e os servizos ofertados na mesma, así como dos programas necesarios para o seu implementación e a información relacionada.

Non se permite a reprodución, publicación e/ou uso non estritamente privado dos contidos, totais ou parciais, do sitio web www.andainaterrasdealtamira.org sen o consentimento previo e por escrito.

Propiedade intelectual dos contidos aloxados

Prohíbese o uso contrario á lexislación sobre propiedade intelectual dos servizos prestados pola Asociación 
e, en particular de:

- A utilización que resulte contraria ás leis españolas ou que infrinxa os dereitos de terceiros.
- A publicación ou a transmisión de calquera contido que, a xuízo da Asociación, resulte
violento, obsceno, abusivo, ilegal, racial, xenófobo ou difamatorio.
- A recollida e/ou utilización de datos persoais doutros usuarios sen o seu consentimento expreso ou sen respectar o disposto en Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016,
relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre
circulación dos mesmos.
- A utilización do servidor de correo do dominio e das direccións de correo electrónico para o envío de correo
masivo non desexado.

O usuario ten toda a responsabilidade sobre o contido da súa web, a información transmitida e almacenada, as ligazóns de hipertexto, as reivindicacións de terceiros e as accións legais en referencia a propiedade intelectual.

Dereitos de terceiros e protección de menores.

O usuario é responsable respecto das leis e regulamentos en vigor e as regras que teñen que ver co
funcionamento do servizo online, comercio electrónico, dereitos de autor, mantemento da orde pública, así como principios universais de uso de Internet.

O usuario indemnizará a Asociación polos gastos que xerase a imputación da Asociación nalgunha causa cuxa responsabilidade fose atribuíble ao usuario, incluídos honorarios e gastos de defensa xurídica, mesmo no caso dunha decisión xudicial non definitiva.

Protección da información aloxada

A Asociación realiza copias de seguridade dos contidos aloxados nos seus servidores, con todo non se responsabiliza da perda ou o borrado accidental dos datos por parte dos usuarios. De igual maneira, non garante a reposición total dos datos borrados polos usuarios, xa que os citados datos poderían ser suprimidos e/ou modificados durante o período do tempo transcorrido desde a última copia de seguridade.

Os servizos ofertados, excepto os servizos específicos de backup, non inclúen a reposición dos contidos conservados nas copias de seguridade realizadas pola Asociación, cando esta perda sexa imputable ao usuario; neste caso, determinarase unha tarifa acorde á complexidade e volume da recuperación, sempre previa aceptación do usuario.

A reposición de datos borrados só está incluída no prezo do servizo cando a perda do contido sexa debida a causas atribuíbles a Asociación

Comunicacións comerciais

En aplicación da LSSI. A Asociación non enviará comunicacións publicitarias ou promocionais por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente que previamente non fosen solicitadas ou expresamente autorizadas polos destinatarios das mesmas.

No caso de usuarios cos que exista unha relación previa, A Asociación si está autorizada ao envío de comunicacións referentes a servizos da Asociación que sexan similares aos que inicialmente foron obxecto de interese do usuario.

En todo caso, o usuario, tras acreditar a súa identidade, poderá solicitar que non se lle faga chegar máis información a través das canles anteriormente indicadas.

Copyright © 2024 | IX ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN | 11/05/2024
O ESQUIO NO PIÑEIRO | CONCELLO DE BRIÓN | F.G.M. | F.E.D.M.E. |  USC | DEPORTE GALEGO

Política de Privacidade | Aviso Legal

Copyright © 2024. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.