Distancias: 16 km | 36 km | 50 km
Para poder desfrutar plenamente da proba, propoñemosche unha serie de recomendacións/aclaracións:
1.- OBXECTIVO. Recordamoche que o principal obxectivo desta proba é fomentar a realización de exercicio físico de maneira non elitista xerando un día de festa e convivencia co deporte como pano de fondo. Esta proba NON É COMPETITIVA.
2.- APARCAMENTOS. Haberá unha ampla zona de aparcamento moi preto da Carballeira de Santa Minia xusto detrás da Capela de Santa Minia. Está totalmente prohibido aparcar en toda a Rúa Gondar (zona da saída/meta) e rógase que se evite aparcar noutras zonas. Estará convintemente sinalizado.
3.- IDENTIFICACIÓN DAS PERSOAS PARTICIPANTES. Todas as persoas participantes, teñan ou non dereito á bolsa do sendeirista, teñen que acreditar a súa identidade e recoller o seu dorsal para participar na proba. A tal efecto podes pasar pola CASA DA CULTURA DE BRIÓN o venres 10 de maio en horario de 16 a 20h. (recomendado) ou ben o sábado 11 de maio entre as 7:30 e as 8:45.
4.- PULSEIRA IDENTIFICATIVA. A cada persoa participante seralle entregada unha pulseira identificativa que deberán levar colocada en todo momento mentres estean realizando a proba. Esta pulseira, ademais de servir como dorsal e identificación, tamén servirá para establecer os controis de paso de cada distancia. Os controis estableceranse nos distintos avituallamentos e debedes esixir que vos poñan unha marca na pulseira para deixar constancia do voso paso por ese punto.
5.- TELÉFONO DE EMERXENCIAS: 696 981 424. Poñemos a disposición dos participantes un teléfono de emerxencias/urxencias que poderedes utilizar só en casos necesarios. NON DISPÓN DE SERVIZO DE WHATSAPP.
6.- SERVIZOS MÉDICOS. A andaina contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico na zona de saída/meta. Os servizos médicos e os membros da organización estarán facultados para retirar da proba a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma. Esta ambulancia só se desprazara no caso de urxencias ou accidente, do contrario terá a súa base de operacións na Carballeira de Santa Minia e poderase acudir a ela sempre que sexa necesario.
7.- AVITUALLAMENTOS. Ao longo do percorrido haberá avituallamentos sólidos é líquidos, así como dúas zonas con "avituallamentos mais abundantes", co cal non teredes que cargar con moita comida durante a proba. De todos xeitos é recomendable ir sempre provisto de auga e algunha froita/barriña enerxética. Ao igual que na pasada edición entregarase a cada participante un vaso de PLA (un material amigable co medio) que será o que debedes utilizar para hidratarvos pois non haberá vasos de plástico nos avituallamentos. Os avituallamentos serán xenéricos a base de auga, bebidas isotónicas, froitas, barriñas enerxéticas, bocadillos, empanada, etc.. se algunha persoa ten intolerancias, alerxias, ou algún outro tipo de necesidades alimenticias deberá traer o seu propio avituallamento. NON DISPOÑEMOS DE ALIMENTOS PARA NECESIDADES ESPECÍFICAS. Tes unha apartado específico na web que che indica os puntos exactos dos avituallamentos para cada distancia.
8.- A PROBA. A saída da proba realizarase de maneira conxunta ás 9:00h. da Carballeira de Santa Minia. A partir das 9:10h, e unha vez que tome a saída a persoa designada pola organización para pechar a proba, non poderá sair ningunha persoa participante mais. O circuíto estará convintemente sinalizado con cinta de balizar (laranxa) e sinais pintadas con spray de cor rosa.
Esta andaina trátase dunha proba en liña, é dicir, NON SE REGRESA ao punto de partida (Carballeira de Santa Minia) ata finalizar a distancia escollida (16, 36 ou 50km).
9.- PUNTOS DE REGRESO Á META. No km 10,5 aprox. estará indicado, con un cartel perfectamente visible, o 1º punto de regreso á meta. Será neste momento onde poderás escoller regresar á meta para rematar a proba con 16km ou seguir de cara as distancias de 36 ou 50kms.
No km 24 aprox. (Bastavales), xunto o avituallamento central, estará o 2º punto de regreso á meta (tamén correctamente sinalizado). Neste momento terás que escoller seguir para rematar a proba con 36km ou con 50km. Se che quedan dúbidas podes botarlle un ollo a sección percorridos desta web.
10.- CLIMATOLOXÍA. Ainda non sabemos a temperatura que vai facer ese día, pero independentemente do tempo é moi recomendable que cada persoa participante leve unha mochila provista de gafas de sol e crema solar (protección) e non esta demais que levedes un chuvasqueiro impermeable para poder usalo no caso de choiva.
11.- DUCHAS E PISCINA. Haberá vestiarios e duchas na Piscina Municipal Cuberta de Brión, ademais todos os participantes que o desexen poden facer un uso libre das instalacións: saunas, ximnasio, piscina, etc... (imprescindible gorro de baño no caso de querer usar a piscina). Localización da piscina: https://goo.gl/maps/cCi798NqEvoGGKtG7
12.- ULTIMAS RECOMENDACIÓNS. É moi importante que traias calzado axeitado contra a auga, despois das últimas choivas o monte ten zonas especialmente anegadas onde é facil mollar os pés e incluso esvarar. Hai que ter especial coidado coa hidratación e a reposición de sales. Moito coidado coas vinchas nos pés!!!. NUNCA ESTRENAR CALZADO O MESMO DÍA DA ANDAINA. É recomendable levar "Compeed Ampollas" ou similar, que se pode atopar en calquera farmacia. RESPETA A NATUREZA!! NON DEIXES O LIXO TIRADO!!
Plano coas principais localizacións
Copyright © 2024 | IX ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN | 11/05/2024
O ESQUIO NO PIÑEIRO | CONCELLO DE BRIÓN | F.G.M. | F.E.D.M.E. | USC | DEPORTE GALEGO
Copyright © 2024. Todos os dereitos reservados.
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.