Distancias: 16 km | 36 km | 50 km
Neste ano 2024 a IX Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión vaise realizar sobre os mesmos percorridos que na pasada edición, se ben haberá modificións co fin de melloralos escapandolle ao asfalto e buscando novos sendeiros para a confección das tres distancias coas que vai contar esta edición.
IMPORTANTE: O percorrido da proba terá tres distancias, podendo escoller entre 16KM, 36KM ou 50KM segundo o nivel de esixencia física de cada participante. A saída de todas as distancias é conxunta e realizarase as 9:00h. da Carballeira de Santa Minia. Trátase dunha proba en liña o que significa que os primeiros 10,5 km son comúns a todas as distancias, neste punto quilométrico decídese si volver a meta (para completar un total de 16KM) ou seguir andando de cara aos 36km. No caso de seguir no km 24 haberá outro punto de desvío onde se decide regresar a meta (completando 36km) ou continuar para finalizar con 50km andados. Os puntos de corte estarán correctamente sinalizados con grandes sinais de 2m de alto.
MAPA DOS PERCORRIDOS
O percorrido estará convintemente sinalizado para facelo andando* dende a saída ata meta, co cal non haberá ningunha posibilidade de perda. Ainda así haberá membros da organización pendentes das persoas que participen en todo momento.
* se alguen decide facer a proba correndo entende que non terá dereito aos avituallamentos programados pola organización
INFORMACIÓN DAS DISTINTAS DISTANCIAS
ANDAINA 16KM
ANDAINA 36KM
ANDAINA 50KM
Copyright © 2024 | IX ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN | 11/05/2024
O ESQUIO NO PIÑEIRO | CONCELLO DE BRIÓN | F.G.M. | F.E.D.M.E. | USC | DEPORTE GALEGO
Copyright © 2024. Todos os dereitos reservados.
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.